Río Lérez

sábado, 30 de enero de 2010

AS NOSAS INTRÉPIDAS VIAXEIRAS


Olá:
Estamos esperando a nosa saída para Cuba, alí temos que presentar diversos traballos e participar no Festival das Culturas. Asemade ímonos encontrar coas galegas e os galegos da diáspora. Será unha oportunidade única de coñecer persoalmente a súa historia que xa temos recollida no DVD "Camiños de ida e volta".
Pasearemos pola Habana Vella, Patrimonio da Humanidade, e posteriormente viaxaremos ata Santa Clara para compartir cos compañeiros do IPVCE "Che Guevara" que xa nos visitaran en maio do 2008.
Agora tócanos a nós desprazarnos e pensamos que vai ser unha experiencia única.
Un saúdo de: Antela, Marta, Helena, Yolanda, Naiara, Lara e Lilen(ela non está na foto porque andaba por Santiago)

No hay comentarios:

Publicar un comentario