Río Lérez

miércoles, 10 de marzo de 2010

AS NOS@S VIAXEIR@S ROMAN@S

VIAXEIRAS ROMANAS CON CHARO E RAQUEL


VIAXE A ROMA. ALUMNOS DE 1º E 2º DE BACHARELATO HUMANIDADES

Saímos cara a Roma o martes 2 de marzo. O noso “albergo Ciao Bella” estaba preto da Fontana de Trevi e alá fomos, esa mesma noite, a tirar a nosa moeda para poder voltar.

O mércores pola mañá fixemos un “tour” pola Roma antiga visitando Coliseo, Foros e Palatino (lugar das residencias dos emperadores)
Pola tarde, percorremos as rúas, as numerosas “piazzas” romanas (piazza Navona, Venezia, del Popolo, di Spagna...) e algunhas igrexas nas que puidemos ver a famosa “Bocca da Veritá” e o impresionante Moisés de Miguel Anxo.

O xoves collimos o tren rexional Roma –Nápoles e despois de tres horas de viaxe chegamos ás ruinas de Pompeia. Choveu e choveu...

No noso último día, visitamos a piazza de San Pedro e a basílica. Despois de comer, vimos o Castell Sant’ Angelo (antiga tumba do emperador Adriano)
E con moita mágoa tivemos que preparar de novo as nosas equipaxes para o retorno á casa desexando volver moi pronto...

domingo, 7 de marzo de 2010

AS FOTOS DA NOSA VISITA

VISITANDO A S.B. "JOSÉ ANTONIO ECHEVERRÏA"


Hoxe, lúns 15, tocaba a visita da secundaria "José Antonio Echeverría" de Ciudad Libertad. recibíronnos cunha demostración de ximnasia deportiva e acrobática, moi interesante e de muita dificultade. Despois, na biblioteca do centro, presentaron os resultados do seu traballo sobre o río Armendares e unha nai explicou a súa implicación no proxecto.
Nós fixemolles entrega dos materiais sobre o río Lérez e despois, no refrixeiro as e os estudantes puideron intercambia e conversar.
Navisita estiveron presentes, Delia vera, coordinadora de Cuba do PEA-UNESCO e Rufina Moreno, coordinadora de España. A súa presenza deu relevancia ao encontro.
Foi unha xornada breve pero intensa que serviu ara compartir e falar de futuro.

TINA, MERCEDES E JUAN


Hoxe, domingo 14 de febreiro, imos ao encontro dos nosos queridos amigos da Habana Vella. Elas son Mercedes e Tina, chegaron a Cuba desde Galicia no ano 1936 e aprenderon a querela a través dos ollos dos seus pais, emigrantes da Estrada e das actividades no Centro Galego.
Juan é descendente de canarios, e forma parte da vida da súa muller Mercedes e da súa curmán,Tina, desde que eran uns pícaros. Vivían e aínda viven, na rúa Cuba da Habana Vella, onde os pais delas tiñan un "colmado" e os de Juan un café.
Con eles imos percorrer a Habana Vella e gravar o capítulo de "Camiños de ida e volta" que chamaremos "A Habana aos ollos dos nosos avós".
B

ENCONTROS NA HABANA VELLA