Río Lérez

sábado, 30 de enero de 2010

Río Lérez


Ven coñecer o noso río. É unha producción de dominio público para a campaña de saneamento integral do Lérez.

A nosa cidade: Pontevedra


Así poderedes facer unha viaxe virtual e ver o preciosa que é.

AS NOSAS INTRÉPIDAS VIAXEIRAS


Olá:
Estamos esperando a nosa saída para Cuba, alí temos que presentar diversos traballos e participar no Festival das Culturas. Asemade ímonos encontrar coas galegas e os galegos da diáspora. Será unha oportunidade única de coñecer persoalmente a súa historia que xa temos recollida no DVD "Camiños de ida e volta".
Pasearemos pola Habana Vella, Patrimonio da Humanidade, e posteriormente viaxaremos ata Santa Clara para compartir cos compañeiros do IPVCE "Che Guevara" que xa nos visitaran en maio do 2008.
Agora tócanos a nós desprazarnos e pensamos que vai ser unha experiencia única.
Un saúdo de: Antela, Marta, Helena, Yolanda, Naiara, Lara e Lilen(ela non está na foto porque andaba por Santiago)

lunes, 25 de enero de 2010

SANTA CLARA

Capital de Villa Clara, no centro da illa

EL MALECÓN DE LA HABANA


Un lugar para coñecer

CHE GUEVARA


Explica un pouco a idiosincracia do país que ides visitar e o nome da escola.

Preparando a nosa viaxe

As nosas intrépidas viaxeiras: Yolanda, Helena, Lara, Naiara, Antela, Marta e Lilen xunto con Carlos, Mª Xosé, Orcelina e Luisa están a preparar todo o necesario para viaxar a Cuba e reencontrarse cos compañeiros e compañeiras ds S.B. "José Antonio Echeverría" da cidade da Habana e do IPVCE "Che Guevara" de Santa Clara.
A espera foi longa pero, por fin, o día 13 de febreiro viaxaremos á La Habana.