Río Lérez

domingo, 7 de marzo de 2010

TINA, MERCEDES E JUAN


Hoxe, domingo 14 de febreiro, imos ao encontro dos nosos queridos amigos da Habana Vella. Elas son Mercedes e Tina, chegaron a Cuba desde Galicia no ano 1936 e aprenderon a querela a través dos ollos dos seus pais, emigrantes da Estrada e das actividades no Centro Galego.
Juan é descendente de canarios, e forma parte da vida da súa muller Mercedes e da súa curmán,Tina, desde que eran uns pícaros. Vivían e aínda viven, na rúa Cuba da Habana Vella, onde os pais delas tiñan un "colmado" e os de Juan un café.
Con eles imos percorrer a Habana Vella e gravar o capítulo de "Camiños de ida e volta" que chamaremos "A Habana aos ollos dos nosos avós".
B

ENCONTROS NA HABANA VELLA

domingo, 28 de febrero de 2010


Xa estamos na Habana, a primeira foto diante do memorial Gramma, imos visitar a Mercedes, Tina y Juan na rúa Cuba da Habana Vella. Esperánnos e supoñemos que moi emocionados por coñecer as nosas estudantes. É un anaquiño de Galicia que chega as súas portas.Así que decidimos cantarlles unhas cancións baixo o seu balcón.

DESTINO : CUBA


Hoxe, 13 de febreiro saímos, por fin, camiño da Habana. emoción na despedida en Vigo pero moitas ansias de chegar e comezar a experiencia cubana. Que imos atopar? como se sentirán os nosos galegos da Habana? que nos espera no IPVCE Che Guevara de Santa Clara?