Río Lérez

viernes, 22 de marzo de 2013

WORLD POEMS-PORTO (PORTUGAL)

21 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA E DA ÁRBORE

O día 21 de marzo, "Día Internacional da Poesía e da Árbore" participamos, cos compañeiros e compañeiras dos IES "Pedra da Auga" e "Pazo da Mercé", na presentación na cidade de Porto (Portugal)da páxina web "World Poems", co obxectivo de celebrar o 60 Aniversario de la creación da Rede de Escolas Asociadas a la UNESCO. As e os estudiantes do Luís Seoane, presentaron un conxunto de lemas sobre os valores e obxectivos da Rede PEA-UNESCO, recitaron un poema en galego e outro en árabe, en cada caso acompañados do yogote. Despois presentaron unha peza de gaita interpretada polos profesores Mª Xosé e Carlos, e dúas cancións "A Saia da Carolina" e "Camiños". PARABÉNS A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES

RETOMAMOS AS NOSAS CRÓNICAS

Xa levábamos un tempo sen informar das nosas viaxes, aínda que seguimos a coñecer lugares, a recordar outros xa coñecidos, a participar en encontros e eventos. Imos facer un esforzo por ter actualizado o noso blog.

miércoles, 10 de marzo de 2010

AS NOS@S VIAXEIR@S ROMAN@S

VIAXEIRAS ROMANAS CON CHARO E RAQUEL


VIAXE A ROMA. ALUMNOS DE 1º E 2º DE BACHARELATO HUMANIDADES

Saímos cara a Roma o martes 2 de marzo. O noso “albergo Ciao Bella” estaba preto da Fontana de Trevi e alá fomos, esa mesma noite, a tirar a nosa moeda para poder voltar.

O mércores pola mañá fixemos un “tour” pola Roma antiga visitando Coliseo, Foros e Palatino (lugar das residencias dos emperadores)
Pola tarde, percorremos as rúas, as numerosas “piazzas” romanas (piazza Navona, Venezia, del Popolo, di Spagna...) e algunhas igrexas nas que puidemos ver a famosa “Bocca da Veritá” e o impresionante Moisés de Miguel Anxo.

O xoves collimos o tren rexional Roma –Nápoles e despois de tres horas de viaxe chegamos ás ruinas de Pompeia. Choveu e choveu...

No noso último día, visitamos a piazza de San Pedro e a basílica. Despois de comer, vimos o Castell Sant’ Angelo (antiga tumba do emperador Adriano)
E con moita mágoa tivemos que preparar de novo as nosas equipaxes para o retorno á casa desexando volver moi pronto...

domingo, 7 de marzo de 2010

AS FOTOS DA NOSA VISITA

VISITANDO A S.B. "JOSÉ ANTONIO ECHEVERRÏA"


Hoxe, lúns 15, tocaba a visita da secundaria "José Antonio Echeverría" de Ciudad Libertad. recibíronnos cunha demostración de ximnasia deportiva e acrobática, moi interesante e de muita dificultade. Despois, na biblioteca do centro, presentaron os resultados do seu traballo sobre o río Armendares e unha nai explicou a súa implicación no proxecto.
Nós fixemolles entrega dos materiais sobre o río Lérez e despois, no refrixeiro as e os estudantes puideron intercambia e conversar.
Navisita estiveron presentes, Delia vera, coordinadora de Cuba do PEA-UNESCO e Rufina Moreno, coordinadora de España. A súa presenza deu relevancia ao encontro.
Foi unha xornada breve pero intensa que serviu ara compartir e falar de futuro.

TINA, MERCEDES E JUAN


Hoxe, domingo 14 de febreiro, imos ao encontro dos nosos queridos amigos da Habana Vella. Elas son Mercedes e Tina, chegaron a Cuba desde Galicia no ano 1936 e aprenderon a querela a través dos ollos dos seus pais, emigrantes da Estrada e das actividades no Centro Galego.
Juan é descendente de canarios, e forma parte da vida da súa muller Mercedes e da súa curmán,Tina, desde que eran uns pícaros. Vivían e aínda viven, na rúa Cuba da Habana Vella, onde os pais delas tiñan un "colmado" e os de Juan un café.
Con eles imos percorrer a Habana Vella e gravar o capítulo de "Camiños de ida e volta" que chamaremos "A Habana aos ollos dos nosos avós".
B

ENCONTROS NA HABANA VELLA

domingo, 28 de febrero de 2010


Xa estamos na Habana, a primeira foto diante do memorial Gramma, imos visitar a Mercedes, Tina y Juan na rúa Cuba da Habana Vella. Esperánnos e supoñemos que moi emocionados por coñecer as nosas estudantes. É un anaquiño de Galicia que chega as súas portas.Así que decidimos cantarlles unhas cancións baixo o seu balcón.

DESTINO : CUBA


Hoxe, 13 de febreiro saímos, por fin, camiño da Habana. emoción na despedida en Vigo pero moitas ansias de chegar e comezar a experiencia cubana. Que imos atopar? como se sentirán os nosos galegos da Habana? que nos espera no IPVCE Che Guevara de Santa Clara?

domingo, 7 de febrero de 2010

ACTIVIDADES PROPUESTAS POR EL IPVCE


Día 17: Recorrido por el tren Blindado y loma del Capiro
Almuerzo en la escuela 2.00 pm
Recorrido por lugares de la escuela
Encuentro con alumnos del proyecto Mujer, patrimonio, juventud y Caminos.
Comida en la escuela
8.00 Salida para el alojamiento
El 18: 8.30 recogida en el alojamiento
9.00 clase de historia de cuba
Clase de deografía
Taller de bailes y música cubanas y gallegas
Películas cubanas
7.00 Iluminación del Che
8.00 comida
Salida para Santa clara
Día 19: 6.45 recogida en el alojamiento
7.00 Participación en los matutinos del IPVCE
Clase de geografía de Cuba
Clases de Historia de cuba
Recorrido por el zoológico, Naturarte y el arco iris.
Noche libre+
Día 20: 8.00 recogida en el alojamiento
9.00 Exposición de los trabajos de los alumnos Gallegos y Cubanos
2.30 Ensayo del Festival
8.00 Festival
día 21 Libre. visita al Cayo Santa María

jueves, 4 de febrero de 2010

FALTA UNHA SEMANA


Xa queda unha semana para a nosa viaxe e cada vez temos máis cousas que preparar. Agora estamos a ensaiar cancións galegas con Mª Xosé, a profe de galego, e ao tempo ultimando as nosas presentacións.Levamos diferentes temas: O Patrimonio Cultural de Pontevedra; o Río Lérez; Muller,infancia e xuventude; Camiños de ida e volta.