viaxeirasluisseoane
viernes, 22 de marzo de 2013
21 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA E DA ÁRBORE
O día 21 de marzo, "Día Internacional da Poesía e da Árbore" participamos, cos compañeiros e compañeiras dos IES "Pedra da Auga" e "Pazo da Mercé", na presentación na cidade de Porto (Portugal)da páxina web "World Poems", co obxectivo de celebrar o 60 Aniversario de la creación da Rede de Escolas Asociadas a la UNESCO.
As e os estudiantes do Luís Seoane, presentaron un conxunto de lemas sobre os valores e obxectivos da Rede PEA-UNESCO, recitaron un poema en galego e outro en árabe, en cada caso acompañados do yogote.
Despois presentaron unha peza de gaita interpretada polos profesores Mª Xosé e Carlos, e dúas cancións "A Saia da Carolina" e "Camiños".
PARABÉNS A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES
RETOMAMOS AS NOSAS CRÓNICAS
Xa levábamos un tempo sen informar das nosas viaxes, aínda que seguimos a coñecer lugares, a recordar outros xa coñecidos, a participar en encontros e eventos. Imos facer un esforzo por ter actualizado o noso blog.
miércoles, 10 de marzo de 2010
VIAXEIRAS ROMANAS CON CHARO E RAQUEL
VIAXE A ROMA. ALUMNOS DE 1º E 2º DE BACHARELATO HUMANIDADES
Saímos cara a Roma o martes 2 de marzo. O noso “albergo Ciao Bella” estaba preto da Fontana de Trevi e alá fomos, esa mesma noite, a tirar a nosa moeda para poder voltar.
O mércores pola mañá fixemos un “tour” pola Roma antiga visitando Coliseo, Foros e Palatino (lugar das residencias dos emperadores)
Pola tarde, percorremos as rúas, as numerosas “piazzas” romanas (piazza Navona, Venezia, del Popolo, di Spagna...) e algunhas igrexas nas que puidemos ver a famosa “Bocca da Veritá” e o impresionante Moisés de Miguel Anxo.
O xoves collimos o tren rexional Roma –Nápoles e despois de tres horas de viaxe chegamos ás ruinas de Pompeia. Choveu e choveu...
No noso último día, visitamos a piazza de San Pedro e a basílica. Despois de comer, vimos o Castell Sant’ Angelo (antiga tumba do emperador Adriano)
E con moita mágoa tivemos que preparar de novo as nosas equipaxes para o retorno á casa desexando volver moi pronto...
domingo, 7 de marzo de 2010
VISITANDO A S.B. "JOSÉ ANTONIO ECHEVERRÏA"
Hoxe, lúns 15, tocaba a visita da secundaria "José Antonio Echeverría" de Ciudad Libertad. recibíronnos cunha demostración de ximnasia deportiva e acrobática, moi interesante e de muita dificultade. Despois, na biblioteca do centro, presentaron os resultados do seu traballo sobre o río Armendares e unha nai explicou a súa implicación no proxecto.
Nós fixemolles entrega dos materiais sobre o río Lérez e despois, no refrixeiro as e os estudantes puideron intercambia e conversar.
Navisita estiveron presentes, Delia vera, coordinadora de Cuba do PEA-UNESCO e Rufina Moreno, coordinadora de España. A súa presenza deu relevancia ao encontro.
Foi unha xornada breve pero intensa que serviu ara compartir e falar de futuro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)